CompetenciaDixital

CompetenciaDixital é un proxecto que nace coas escolas e dende as escolas, que busca achegar as novas linguaxes a través de metodoloxías activas.

O obxectivo principal deste Proxecto é COMPARTIR coa Comunidade Educativa prácticas, proxectos, propostas, experiencias, recursos e ideas que contribúan a democratizar o acceso ás novas linguaxes, dende unha pedagoxía crítica.

Trátase dun portal onde poder consultar, pero tamén aportar: está aberto a calquera persoa que desexe contribuír con experiencias, propostas ou recursos, sempre que conteñan licencias abertas e unha perspectiva crítica da tecnoloxía educativa e as novas linguaxes.

CompetenciaDixital configúrase como un espazo público e do común, onde promovemos recursos, estratexias e prácticas que garantan a igualdade de oportunidades.