Chuleta Escornabótica* (Firmware ROBOteach)

Esta Chuleta Escornabótica permite xogar coa configuración dos valores do escornabot para adaptalos ás nosas necesidades definindo avances e xiros.

IMPORTANTE: Ter instalado o Arduino IDE e o Firmware (código) de Escornabot. Aquí se indica o proceso: https://www.roboteach.es/escornabot-firmware/

Configuración de valores: avances e xiros

Por defecto o Firmware do Escornabot inclúe un avance de 10cm e un xiro de 90º. Se esta configuración non se adapta ao traballo que queredes realizar, podedes cambiar estes valores. Aquí tedes como facelo:

  • Entrar na carpeta do código “escornabot-firmware-DIY-stable”
  • Entrar na carpeta Escornabot
  • Abrir/Clicar en “Escornabot.ino”
Opción "Escornabot.ino" do Firmware de Escornabot
  • Abrirase o código do Escornabot no Arduino
  • Colocarse na pestana “Configuration.h”
Pantallazo so código de Escornabot no Arduino, coa opción Configuration.h marcada
  • Unha vez en Configuration.h buscar as seguintes liñas:
parte do código de Escornabot coas liñas de código de avance e xiro
  • Para cambiar distancia de avance:
    • Modificar o valor 100 mm (10cm) pola distancia que desexemos en mm.
    • #define MOVE_DISTANCE_DEFAULT 100.0f //mm
  • Para cambiar os graos de xiro:
    • Modificar o valor de 90 (º) polo ángulo de xiro que desexemos, en graos.
    • #define TURN_DEGREES_DEFAULT 90.0f //°

Configuración de modos

Por defecto o código do Escornabot ben con 3 Modos activados. Cada un destes modos contén diferentes funcionalidades segundo as pulsacións (“estándar” ou prolongadas) nos 5 botóns da botoeira. Podemos activar ou desactivar algúns destes modos. Para iso temos que:

  • Entrar na carpeta do código “escornabot-firmware-DIY-stable”
  • Entrar na carpeta Escornabot
  • Abrir/Clicar en “Escornabot.ino”
  • Abrirase o código do Escornabot no Arduino
  • Colocarse na pestana “Configuration.h”
  • Unha vez en Configuration.h buscar as seguintes liñas:
Código do Escornabot coas liñas de código de modo simple e modo 1.
  • MODO SIMPLE: Modo que unicamente contén Avance de 10cm (diante-atrás) e Xiro de 90º (dereira-esquerda). NON ten pulsacións prolongadas que activen outras funcionalidades (pausa, modos, xiros con diferentes ángulos). [Pode ser útil para quen se estea iniciando ou para persoas con dificultades motoras].
  • Para activar o Modo Simple:
    • Modificar “false” por “true”
código escornabot, con True no modo simple
  • SO MODO 1: Modo que unicamente contén as funcionalidades do Modo 1: avance de 10cm (diante-atrás), xiro de 90º (dereita-esquerda), xiro de 45º (dereita-esquerda) e pausa. NON ten as funcionalidades do Modo 2 e 3.
  • Para activar So o Modo 1:
    • Modificar “false” por “true”
Código do Escornabot, modo 1 SO activado
*Nome tomado do proxecto orixinal: https://youtu.be/wN8WF5jdgVU