XOGO ESCORNAPIRATA

Logo EscornaPirata CC-BY-SA by CompetenciaDixital
adaptado do Logo orixinal de Escornabot de Pablo Otero

O noso Escornabot acaba de converterse nun barco pirata –o EscornaPirata– que surca os mares en busca de tesouros. Pero ollo!!! Temos unha dura competencia: non somos as únicas piratas do mar.

O obxectivo do Xogo EscornaPirata é ser o primeiro en capturar o tesouro. É un xogo competitivo-colaborativo no que cada equipo conta cun EscornaPirata que ten que programar para que chegue ao tesouro.

ELEMENTOS DO XOGO

Taboleiro e compoñentes do Xogo EscornaPirata

IMPORTANTE: Activar o Modo III do firmware dos Escornabot

COMO SE XOGA?

  • O tabloeiro representa o mar polo que navegan os nosos EscornaPiratas.
  • Colóncanse as tarxetas de inicio nos extremos inferiores do taboleiro, en esquinas opostas: dende aquí partirán os EscornaPiratas.
  • Tírase o dado para colocar a tarxeta do tesouro, situándoa na columna central do taboleiro (equidistante a ambos bandos) e na fila que indique a tirada.
  • Repártense a cada equipo un número (inferior ao de membros do grupo) de tarxetas de Terra. Cada equipo colocará no taboleiro por quendas (tírase un dado para decidir quen comeza) unha destas tarxetas (a modo de cela prohibida para as embarcacións EscornaPiratas). So hai unha regra que cumprir: NON se pode bloquear completamente ao contrincante! Sempre ten que haber unha ruta para chegar ao tesouro.
  • Unha vez que se coloca a última tarxeta de Terra sobre o taboleiro, ambos equipos, ao mesmo tempo, escriben a secuencia sobre unha folla de rexistro e programan o Escornabot para chegar ao tesouro. Non se poderá executar (pulsar o botón “GO”) ata que a secuencia estea rexistrada e entregada (á árbitro ou ao outro equipo).
  • Se ó executar a secuencia descubrimos que é incorrecta hai que volver a facela (e anotala na folla de rexistro).
  • O primeiro equipo en chegar ao tesouro é o gañador desta primeira fase. [Trabállase a velocidade na resolución do reto].
  • A continuación ambos equipos colocan de novo o EscornaPirata no punto de partida e, ao mesmo tempo, pulsan “GO” [1], reproducíndose de novo a programación gravada.
  • O primeiro equipo que chega ao tesouro é o gañador desta segunda fase. [Trabállase a eficacia na resolución do reto].

Para axudar durante a presentación/explicación do xogo, creamos un pequeno documento cun resumo dos puntos máis importantes que a organizadora pode empregar para non deixarse nada atrás:

Documento Resumo do funcionamento do Xogo EscornaPirata

Valores en xogo:

  • Colaboración, negociación e toma de decisións conxunta
  • Estratexia e planificación
  • Velocidade na resolución de tarefas
  • Optimización na resolución de tarefas
  • Transcripción de linguaxes (como expresar a programación de forma escrita)
  • Resposta diverxente (en múltiples aspectos)

Licenza

Este obra está baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.


[1]NOTA: se non se conta co Modo III no Escornabot, ambos equipos deben introducir de novo a secuencia rexistrada e, cando ambos a teñan rematada, executala simultaneamente.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *