Secuencia para a iniciación á programación visual por bloques con Scratch
A idea desta secuencia emerxe nun obradoiro de Biblioteca Creativa no CEIP Figeuiroa (A Estrada), pensando no lema do PLAMBE deste curso 2024/2025: Biblioteca escolar, a escena!
Obxectivo: Iniciarse na programación visual por bloques
Destinatarios: crianzas dende os 8-9 anos
Duración (aprox.): 1h 30minutos
Materiais por equipo: placa Makey, ordenador con conexión a internet.
A secuencia formulada propón unha iniciación á programación a través da exploración libre e o descubrimento guiado. E organízase atendendo ás lóxicas do teatro, coas seguinte estrutura:
- Casting de actrices/actores
- Vestiario/Maquillaxe
- Escenografía /Atrezzo-Decorado
- Guión-Diálogo
- Actuación/Coreografía
- Son
“Programando Teatro con Scracth” está licenciado baixo licenzas abertas (CC-BY-SA) e pódese distribuír de xeito libre, modificar, adaptar, compartir…

Aprendizaxes en xogo:
- Creatividade
- Habilidades de comunicación
- Colaboración, negociación e toma de decisións conxunta
- Traballo en equipo
- Curiosidade e reflexión
- Resolución de problemas
- Xestión do tempo
- Resposta diverxente